martes, 24 de marzo de 2015

otcartsba

Ideoloxías, tratados e liortas,
un sastre manco.
Comparacións, obligacións e sociedade,
unha pedra firmando un documento de desahucio.
No mundo o que importa son as persoas,
Un electrón repartindo solidariedade.

martes, 4 de novembro de 2014

Xeometría

Surcan o horizonte liñas,
liñas que na miña vida
son idas e vidas
dun amor rebuldeiro
que non sabe se queda ou se marcha.

Ante a miña mirada atenta, cruzan por riba miña,
liñas mortas, liñas vivas,
liñas da tea da vida
que se forman cando caes e te volves levantar.

Abstracto astro o corazón
e máis aínda o amar.

martes, 14 de outubro de 2014

Prendas

Íspome sen descanso,
saco de min todo o malo,
pero, sen notalo,
o bo tamén se vai.

Será mellor estar vestido?
Compre espirse por completo?
Como sei que esta pregunta
non se fai ó azar?

Pouco a pouco, sen notalo,
derívome do tema,
como barco sen temón
perdido polo mar.

Pero cando me dou conta,
atópome a min mesmo só,
co corazón espido
e a roupa sen quitar.

xoves, 3 de xullo de 2014

Estame matando por dentro
non hai verbas pra describilo
vaime roendo o corazón,
poderá ser acaso un sentimento?

Aliméntase da miña alegría
e parece que moito lle gusta
porque ó mirala ós ollos e ver esas dúas lúas
rompe miña alma a chorar de dor e amargura.

Vaite, sentimento, vaite, deixa a miña alma sen sufrimento
eu quero unha alma ceibe e libre de liortas
unha alma que non se encolla
nin por unha mirada nin por un escarmento.

sábado, 21 de xuño de 2014

Me and my broken heart

Eu iba camiñando por aquel camiño de bos sentimentos, pero de súpeto o meu querido e bo compañeiro amor fíxose Xudas e, deixandome crucificado, xuroume que me faría a vida imposible.
E así foi, o mal nacido cumpliu  coa súa maléfica promesa e venceu ó resto dos sentimentos con diferenza, cun soplo, sen deixalos sequera reaccionar.
Como un coitelo cortando manteiga, o fillo de puta rasgaba con desacougo o centro da ferida do meu corazón pra rematar de rompelo, fibra a fibra, célula a célula...como máis doe, lentamente, sen piedade.

luns, 5 de maio de 2014

Rota

Como un arco da vella, as nosas vidas nacen, chegan a un cumio, e desplómanse; para uns acaba antes de chover, e outros teñen a sorte de esnafrarse contra o chan, mais, si subimos, é por algo.Ese "algo" é o que fai que chova.
Á cachola só me veñen soños,
soños dun amor que non se cumplirá,
xa pois, vou deixar o meu barco en banda,
vouno deixar aboiar.

Cando o temón do meu barco non sexas ti,
procurarei rutas novas,
pero a tempestade arrastrarame cara a túa persoa.

Non quero nada de ti,
non nada, queroo todo
ata a derradeira migalla da túa alma,
para que ó dicirte "quérote",non sinta vacío,
para que me escoites e me mires, e que non fagan falla palabras.