domingo, 9 de febreiro de 2014

A carcasa

A carcasa é iso que nos dan cando nacemos, co que temos que aguantar toda a vida, a carcasa é o que as persoas ven cando te miran, ata aquí o positivo.

A carcasa é a causante do 100% dos problemas psicolóxicos do ser humano, e non por elo a causante dunha maioría dos "enamoramentos" (se lle poden chamar así).
O mellor que se pode facer, nado coa carcasa que sexa, é olvidarse disto, e darse conta de que non é a carcasa a importante, senón o que esta protexe.

Vós imaxinade ós de "Mujeres y hombres y viceversa" sen carcasa? O seu interior sería simplemente escuro por namorarse dunha persoa pola súa carcasa.
CLARO, QUE SEGÚN ESTA TEORÍA, MÁIS DA METADE DAS PARELLAS  NON ESTARÍAAN NAMORADAS.
Pero eu non son quén para xudgar a ninguén.
Namorádevos ,isto só é a miña opinión.

venres, 7 de febreiro de 2014

A beirarrúa.

Ese outro lado da beirarrúa, que importará? Pregunto.
Xa podes estar a un lado, a outro, ou con unha perna en cada arcén,  se consigues ese estado chamado felicidade e se está en ti, conseguirás ser ti e deixar de refuxiarte en ti mesmo.

Deixa ó teu barco interior navegar,deixa o rumbo por un instante e séntete a gusto coa túa posición na beirarrúa.
NUNCA TE OLVIDES DE SALUDAR ÓS DO OUTRO LADO.