martes, 18 de marzo de 2014

Existir?

Non é verdade que si se vai a algún sitio é pra facer algo?
Pode non selo, mais se eu pregunto pola existencia...
De verdade hai que facer algo?, se o hai que facer, de que maneira se fará?, a resposta é a máis sinxela de responder, igual buscamos teorías enrrevesadas para tentar resolvela, pero non hai que pronunciar máis de dúas palabras:
"Non sei"
Eu á parte vou engadir o seguinte:
A razón do ser humano é a ignorancia, e nada o fai máis forte que tentar romper esa ignorancia, ese muro que o separa do universo infindo, pero...Que lle esperará cando ó fin supere esa barreira, e se quizais non estamos aquí para romper barreiras?
Ese é o gran dilema...Durante a nosa existencia sempre houbo dúas ideoloxías, a de coidar cada vez máis o ancestral muro que nos separa do universo, e a de tentar esnaquizalo...Mais, por simple lóxica, se estamos aquí é por algo, pois demóstrase sempre que quen non fai nada, non é o máis afortunado, inda que se pode dar o caso contrario...Eso depende do azar, da "sorte", do que seguramente tamén dependeu e dependerá a nosa existencia.

1 comentario: