sábado, 8 de marzo de 2014

AMOR?


Chamádelle equis, chamádelle esbozo, chamádelle de todo ó que a sociedade entende por amor.
Amor é sentimento, non desexo, amor é...amor, non se pode explicar doutra forma, o amor é algo invisible que se fai ver co paso do tempo.

Confundir tentación sexual con amor é moi doado na adolescencia, con eso o digo todo, máis tamén é doado enamorarse dunha persoa sin darte conta, pensando que xa o estás doutra que, en realidade, só che gusta polo seu físico

Aí está o dilema,o buque do físico, e o do interior sempre en guerra constante, o seu tratado de paz sempre é o mesmo:
"O que importa é a personalidade, pero sen físico nada".

Acaso é isto xusto?Acaso alguén non ten dereito a ser "feliz" con unha persoa só porque non siga o modelo de beleza?
Porsuposto non o é, pero o buque do físico vai gañando terreo, e eu convídovos a que o frenedes, deixade a adolescencia permanente por un intre, e sumídevos na verdade das persoas, que non está na cara nin nos abdominais, está no corazón, esperando a saír nun futuro lonxano.


Ningún comentario:

Publicar un comentario